MONTADORA tráiler.

facebook.com

Sinopsis: SIMBIOSE é un recital de piano e videocreación. Distintas tendencias da música contemporánea camiñan xunto a pezas de videocreación realizadas en consonancia coa sonoridade e a palabra, mergullando así ao público nunha atmosfera moi particular. Simbiose é un alegato a parármonos e escoitarmos con atención o mundo que nos rodea. Fuxir por un momento do metrónomo acelerado da sociedade actual, abrir ollos e oídos a novos estímulos para que a música, ao final, nos acolla nun calmo silencio. SIMBIOSE explora co seu repertorio un amplo espectro de tendencias dentro da música contemporánea e o uso de música electrónica coa fin de conseguir novos ambientes sonoros. Todo iso a través de compositores de toda a xeografía, tanto de España, Holanda, Francia, Estados Unidos, Filandia… Estas obras esconden un alto intimismo, unha imaxe, un poema, un soño. Defender un programa máis persoal, onde predomina a visión interior do artista, esixe ao intérprete dar renda solta á expresión musical con mestría e, ao espectador, adoptar unha nova actitude ante a obra.»