SCRIPT SEGUNDA Y TERCERA TEMPORADA.

Productora: Mad Mex Filmanova.

Dirección: Javi Camino.

Fecha rodaje: 2015-2016.

Fecha estreno primera temporada: 2014.

Localización: Coirós, Betanzos (A Coruña).

crtvg.es

Sinopsis: Manola é unha viúva de toda a vida – astuta e desconfiada- que vive co seu irmán Barrantes, un home que leva desde rapaz esaxerando e explotando a súa leve deficiencia para facer o que lle vén en gana. Aproveitando as subvencións europeas para casas de turismo rural, os irmáns rehabilitaron a vivenda familiar que tiñan no Portiño, unha pequena vila mariñeira de Galica. Coa reforma, a casa quedoulles impecable, pero nunca abriron o negocio ao público para non ter que meter descoñecidos no seu fogar. Mais a Manola non lle vai quedar outra que aloxar ao hóspede máis querido e ao máis odiado: o seu fillo Nacho; apoucado, carente de iniciativa e alérxico aos conflictos, e a súa nora Vero; a cosmopolita muller de Nacho, cuxa aspiración é vivir ben sen ter que traballar. O matrimonio vese obrigado a regresar á aldea por culpa da crise, que os deixou sen traballo na cidade e sen poder manter o seu elevado tren de vida. O único modo de que Manola consiga reter ao seu fillo xunto a ela é accedendo a poñer en marcha o negocio hostaleiro. Ao converter a vivenda familiar nunha casa de hóspedes e turismo rural, terá que aturar os comentarios da peculiar veciñanza, os caprichos dos hóspedes e as extravagantes ideas da súa nora, que segue a ter as mesmas pretensións que cando tiña cartos. Polo visto, non hai nada tan dificil como aprender a convivir en familia!

Además de script, en Casa Manola trabajé como ayudante de montaje.