Festival Festiletras

Con Caxato Films, trabajé en la producción, cámara, foto fija y edición de los vídeos del FESTIVAL FESTILETRAS.

A cultura non é só terreo das cidades.
Alentados polo espíritu que o vate da «pequena Ponteceso» deitada no aire afrontamos, desde o nadal de 1982, a tarefa de sermos educadores nun tamén pequeno nucleo rural coñecido polo nome do Couto. A cultura non é só terreo de grandes cidades. Persoas do Couto, da Brixería, da Cepeira, de Carballido, de Brantuas, de Corme, da Ponteceso, da Trabe, de Anllóns, de Tella tamén teñen o dereito de amar a Galicia. E, en certa medida, iso foi o que intentamos ao longo deste tempo. Crermos, cada vez máis, e facerlles crer aos restantes que, desde séculos existe un país con identidade de seu. Un país que tiña como alicerce unha lingua de seu, menosprezada, arredada da escrita, das táboas do teatro, en definitiva menosprazada.