O pasado mércores 24 de maio, e de forma completamente online, Mónica Vázquez Lopo entrevistoume para o «Vida» de La Región. Unha entrevista escrita e outra por videochamada, e un gusto poder falar do meu traballo e dos meus proxectos xunto a Kraken Media.

Ligazón á entrevista completa.

Poder visibilizar o que unha fai, os proxectos nos que anda metida, tanto como script como produtora, é algo especialmente interesante e polo que estou agradecida.

Con Mónica, ademais, colaborei anteriormente no Roteiro «Elas, produtoras executivas» organizado por AGAPI e a Deputación de Ourense. Un roteiro por distintos institutos da provincia no que falamos da figura da produtora executiva acompañadas da proxección do doumental «Elas, produtoras executivas».